Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20473

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de maio de 2016 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo C2

Tribunal titular:

Presidencia:

– Óscar Javier Ponte Estévez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática

Secretaría:

– Ana Isabel Vidal Santiago, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Freddy Viso López, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática.

– Miguel Ángel Palacios Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

– Laura Suárez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– David Piñeiro Esperante, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Secretaría:

– Marta Mariño Regueiro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Vogais:

– Isabel Pillado Quintáns, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– Paloma Vázquez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Iria María Alfonsín Coejo, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.