Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20477

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de maio de 2016 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, mediante a Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo A2

Tribunal titular:

Presidencia:

– Paula Oliete Trillo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– María de la Luz González Varela, arquitecta técnica municipal do Concello da Coruña.

Vogais:

– Víctor Manuel Martínez Lago, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

– Fernando González Abeijón, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– María de Lourdes Ochoa Daviña, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Beatriz Almudena García de Francisco, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Victoria de Dios Viéitez, profesora titular da Área de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

– Marta Ramos Lage, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Marta Forés Lojo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.