Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20425

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2016 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o exercicio 2016, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión, para o exercicio 2016, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: traballos de rexeneración paisaxística e execución do denominado Parque do Lago na Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: o prazo de execución dos traballos será de dous meses desde o inicio dos traballos.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2016

Beatriz González Loroño
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia