Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a corrección de erros na documentación para a licitación da contratación dos servizos multimedia a pacientes dos centros hospitalarios desta xerencia.

En relación coa convocatoria publicada no DOG número 63, do 4 de abril de 2016, pola que se anunciou a licitación para os servizos multimedia a pacientes dos centros hospitalarios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, advertido erro no número 5.4. do prego de prescricións técnicas, referente a «Requisitos mínimos dos televisores comúns», elimínanse os seguintes requisitos:

– Resistencia antivandálica.

– Cumprimento das certificacións IP64 y UL60601, con pantallas antibacterianas.

Procederase á publicación no perfil de contratante da resolución de corrección de erros da documentación do expediente (referencia AB-EIO1-15-004).

Co obxecto de salvagardar a equidade na concorrencia, o prazo legalmente establecido para a presentación de ofertas amplíase ata o día 31 de maio de 2016.

Ourense, 13 de maio de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras