Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a notificación do inicio do trámite de audiencia no expediente 2015/150-32.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa interesada que se indica a continuación no expediente instruído conforme o disposto no artigo 176 bis do Código civil, por descoñecerse nesta xefatura territorial o seu último domicilio.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84), onde, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o expediente e presentar as alegacións e documentación que considere oportunas, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por realizado o trámite.

Expediente: 2015/150-32.

Persoas interesadas: Nicasio Mazuela Pérez e Iryna Tkachiv.

Documentos de identificación: 24271159H-descoñecido.

Enderezo actual: descoñecido.

Ourense, 26 de abril de 2016

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense