Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, de tramitación ordinaria, do servizo de auditoría e vixilancia da ciberseguridade na Xunta de Galicia (expediente 38/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 38/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de auditoría e vixilancia da ciberseguridade na Xunta de Galicia, que permita reducir os riscos de ciberseguridade a que está exposta a organización.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir do 1 de xullo de 2016. Se a data de formalización é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, tramitación simplificada.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 494.000,00 €, máis 103.740,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 597.740,00 € (cincocentos noventa e sete mil setecentos corenta euros), que se distribúen nas seguintes anualidades:

• 2016 = 123.500,00 € + 21 % IVE (25.935,00 €) = 149.435,00 €.

• 2017 = 247.000,00 € + 21 % IVE (51.870,00 €) = 298.870,00 €.

• 2018 = 123.500,00 € + 21 % IVE (25.935,00 €) = 149.435,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27295

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 17 de xuño de 2016, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de publicación do anuncio previo: 24.2.2016.

13. Data de envío ao DOUE: 19.5.2016.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia