Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo Cen anos de parques nacionais, programa educativo-divulgativo do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) 2016: atención ao visitante nas illas e nos seus centros de interpretación, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27045

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 12/2016 CN.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: Cen anos de parques nacionais, programa educativo-divulgativo do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) 2016: atención ao visitante nas illas e nos seus centros de interpretación.

c) Lugar de execución: punto 1.1. do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: punto 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8.1. do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 77.024,75 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 77.024,75 euros. Importe total: 93.199,95 euros.

Esta contratación finánciase polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación encádrase no eixe prioritario 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos», prioridade de investimento 06.03 «Conservación, protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural», obxectivo específico 06.03.02 «Desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular, as de interese turístico», liña de actuación 24 «Medidas de fomento e promoción dos valores sobre o patrimonio natural e a biodiversidade de Galicia», campo de intervención 091 «Desenvolvemento e promoción do potencial turístico dos espazos naturais».

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE).

7. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio