Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19909

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esta obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Importe achegado pola Axencia

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), a Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur), a Asociación Agarimo, e Asociación Pazos de Galicia para o mantemento e soporte dun servizo de reservas de aloxamentos de turismo rural de Galicia mediante tramitación anticipada

60.504 €

1.1.2016

Convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa e tramitación anticipada, da Axencia Turismo de Galicia á Deputación de Ourense, para a execución do proxecto denominado Creación dunha piscina flotante termal no balneario de Laias (Cenlle)

200.000 €

18.1.2016

Convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa e tramitación anticipada, da Axencia Turismo de Galicia ao Concello do Rosal, para a execución do proxecto denominado Acondicionamento da área de recepción de visitantes do ben de interese cultural Muíños do Folón e do Picón

250.000 €

18.1.2016

Convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa, da Axencia Turismo de Galicia ao Concello de Baiona, para execución do proxecto de instalación dunha nova oficina de turismo nese concello

100.000 €

5.2.2016

Acordo de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Melón para a posta á disposición dos terreos necesarios para a súa adecuación como aparcadoiro público do Mosteiro de Melón (Ourense)

Sen achega económica

12.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Club Praia de Pantín para a celebración da 29 edición do Circuíto Mundial da World Surf League (WSL) que se celebrará do 30 de agosto ao 4 de setembro do ano 2016

119.998 €

18.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde

20.000 €

18.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos

20.000 €

24.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

20.000 €

24.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Carballiño para a celebración da Festa do Polbo 2016

15.000 €

24.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Baiona para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2016

25.000 €

25.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cambados para a celebración da Festa do Viño Albariño 2016

28.000 €

26.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Grove para a presentación da Festa do Marisco 2016

15.000 €

26.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a celebración da XXII Gala de Gastronomía de Galicia –premios de Gastronomía de Galicia– Premios de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro, na Feira do Cocido de Lalín

20.000,00

14.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Xinzo de Limia para a celebración do Entroido

25.000 €

14.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e a Asociación Cultural Festas do Mar de Muxía para a celebración da Romaría da Nosa Sra. da Barca 2016

25.000 €

14.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Catoira para a celebración da Romaría Vikinga 2016

40.000 €

14.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e a Asociación Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro para a celebración da Semana Santa de Viveiro 2016

40.000 €

14.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a entidade Hermanos Misioneiros de los Enfermos Pobres para a posta á disposición do Castelo de Pambre en Palas de Rei (Lugo) para levar a cabo as obras de colocación de varandas nos desniveis dos percorridos do recinto segundo, sinalización de percorridos adaptados, instalación de pararraios e iluminación exterior

Sen achega económica

14.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico

1.500.000 €

18.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio á celebración de Turexpo Galicia 2016, V Edición do Salón Turístico de Galicia

170.000 €

18.3.2016

Acordo de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Ourense e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para a posta á disposición e posta en funcionamento dun albergue de peregrinos en Ourense

Sen achega económica

22.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a entidade Obradoiro CAB SAD para desenvolvemento do proxecto O Camiño remata no Obradoiro

80.000 €

22.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e os concellos galegos do Camiño Francés para actuacións de mantemento e conservación do Camiño Francés, e de atención e información ao peregrino

363.350 €

23.3.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a implementación, difusión e promoción da marca Q de Calidade Turística no sector turístico de Galicia

150.000 €

4.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Ponteareas para a celebración da Festa do Corpus Christi 2016

40.000 €

4.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca e Xunta Xeral de Confrarías e Hermandades da Semana Santa de Ferrol para a celebración da Semana Santa 2016

40.000 €

4.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para a apertura de igrexas no Camiño

98.000 €

4.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a catedral de Santiago para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes

200.000 €

5.4.2016

Convenio de colaboración plurianual entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento da Cátedra Institucional de Hidroloxía Médica da USC

70.000 €

5.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Seminario Maior Compostelano para dar a coñecer o mosteiro de San Martiño Pinario

57.000 €

5.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a implementación de liñas de actuación do Plan integral de turismo de Galicia

60.000 €

5.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Verín para a celebración do Entroido

25.000 €

5.4.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio As Mariñas para a realización de actividades de promoción e información do turismo no xeodestino As Mariñas

40.000,00 €

6.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Vilagarcía de Arousa para para a celebración das Festas de San Roque 2016

15.000,00 €

6.4.2016

Convenio de Colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a elaboración do Plan estratéxico de turismo de Galicia 2017-2020

150.000 €

8.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para a realización de actividades de dinamización turística na provincia de Ourense

100.000 €

11.4.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol para a realización de actividades de promoción e información do turismo no xeodestino Ferrrolterra

60.000 €

19.4.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e información do turismo na Ribeira Sacra

200.000 €

22.4.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ourense para a realización de actividades de promoción do turismo

70.000 €

25.4.2016

Convenio de colaboración entre a a Xunta de Galicia a través Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de municipios da Ría de Arousa Zona Norte para a realización de actividades de promoción do turismo no destino Arousa Norte

150.000 €

27.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración da Feira Internacional do Turismo Termal, Termalismo,Talasoterapia e SPA «Termatalia-México 2016»

60.000 €

27.4.2016