Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19897

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2016

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2016

Convenio

Data da sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre GAIN e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa para a colaboración no desenvolvemento do fondo de proba de concepto.

29.1.2016

391.220,00