Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19774

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de maio de 2016 pola que se convocan unhas xornadas sobre as novas leis de procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 93, do 18 de maio de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 19150, no sumario, onde di: «Resolución do 10 de maio de 2016 pola que se convocan unhas xornadas sobre as novas leis de procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público», debe dicir: «Resolución do 10 de maio de 2016 pola que se convoca un curso monográfico sobre as novas leis de procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público».

– Na páxina 19150, no primeiro parágrafo da resolución, onde di: «...convócanse unhas xornadas...», debe dicir: «...convócase un curso monográfico...».

– Na páxina 19150, na base 1. Obxectivos, onde di: «As presentes xornadas estarán dedicadas...», debe dicir: «O presente curso estará dedicado...».

– Na páxina 19151, na base 4. Desenvolvemento, onde di: «Horario: de mañá», debe dicir: «Horario: día 8 de mañá e tarde e día 9 de mañá».

– Na páxina 19151, na base 4. Desenvolvemento, onde di: «Duración: 10 horas lectivas», debe dicir: «Duración: 12 horas lectivas».

– Na páxina 19151, na base 7. Modificacións, onde di: «A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento destas xornadas, así como a facultade de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.», debe dicir: «A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso monográfico, así como a facultade de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.».

– Na páxina 19151, na base 8. Certificado de asistencia oficial, onde di: «Ao final das xornadas expedirase un certificado electrónico de asistencia, descargable desde a área de matrícula ( https://egap.xunta.gal/matricula ), a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Este documento estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización das xornadas, así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa autenticidade.», debe dicir: «Ao final do curso monográfico entregarase un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización do curso monográfico e o selo oficial da institución.»