Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a acta de advertencia do expediente PSC-CO-0404/2016-ADV e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a acta de advertencia do expediente PSC-CO-0404/2016-ADV e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da acta de advertencia e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñeceren o seu estado de tramitación e a accederen e obteren copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 11 de maio de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0404/2016-ADV.

Persoa interesada: Gardapesca, S.L.

Acto de notificación: acta de advertencia.

Último enderezo coñecido: polígono industrial Xaras, parcela 9, 15960 Ribeira (A Coruña).

Expediente: PSC-CO-0405/2016-ADV.

Persoa interesada: Carlos Luis Lestón Lago.

Acto de notificación: acta de advertencia.

Último enderezo coñecido: urbanización O Nogal, 3, 3º, 15250 Muros (A Coruña).