Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-RI-0396/2015-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-RI-0396/2015-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 10 de maio de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-RI-0396/2015-PPM.

Persoa interesada: Daniel Rodríguez Mejuto.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Neda, 5, 2º, 15770 Narón (A Coruña).

Expediente: PSC-RI-0526/2015-PPM.

Persoa interesada: José Enrique Abuin Gey.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Outeiro, 94, Taragoña, 15985 Rianxo (A Coruña).