Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación de obras na rúa Esperanto.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras; c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 3767-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: obras do proxecto reparación e mantemento da rúa Esperanto. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 172.501,75 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

• Declaración do volume anual de negocio: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

• Posuír a seguinte clasificación: grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (obras viarías sen cualificación específica), categoría 1 e grupo E (hidraúlicas), subgrupo 1 (abastecementos e saneamentos), categoría 1.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:

• Certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos. Indicarase importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado del.

• Posuír a seguinte clasificación: grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (obras viarias sen cualificación específica), categoría 1 e grupo E (hidráulicas), subgrupo 1 (abastecementos e saneamentos), categoría 1.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: non; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous (2) meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 6 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación