1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).
2. Obxecto do contrato: realización do espectáculo pirotécnico da Batalla Naval 2016.
3. Prezo do contrato: tipo máximo de licitación: 42.350,00 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 35.000,00 € e 7.350,00 € ao IVE correspondente.
4. Duración do contrato: desde a súa sinatura ata a completa retirada de residuos e limpeza de toda a zona afectada, que se realizará tras a finalización do espectáculo pirotécnico.
5. Tramitación: ordinaria.
6. Procedemento: aberto.
7. Garantía provisional: non se exixe.
8. Garantía definitiva: 10 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil de contratante www.coruna.es . Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es .
10. Clasificación: non se exixe.
11. Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Presentación de proposicións: prazo de 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.
Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avda. A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.
13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es .
14. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
A Coruña, 6 de maio de 2016
O presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos