Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 1 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

Advertido un erro no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia nº 70, do 13 de abril de 2016, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 13415, onde di: «Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Val de Alfoz (Alfoz) e unha vez resoltos os recursos presentados», debe dicir: «Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Val de Alfoz (Alfoz, Lugo) e non superando os recursos presentados o seis por cento dos titulares das explotacións ou non representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada».