De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.
A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 28 de abril de 2016
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesada: Montserrat García Lavia.
Expediente: ES-P-0016/16.
Último domicilio coñecido: avda. Foites, 10, esc. 04, 3º B, 03202 Benidorm (Alicante).
Indicación do contido: notificáselle o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0016/16 como suposto responsable dunha infracción leve, ao abeiro dos artigos 104 e 108 da Lei 8/2012, do 26 de xuño, de vivenda de Galicia.
Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora concédeselle á persoa interesada un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e, se é o caso, propoñer proba, mediante os que se concreten os medios dos que pretenda valerse.