Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente de axuda LU/2014/0012.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do expediente de axuda LU/2014/0012.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: LU/2014/0012.

Interesada: Novo Pastor, S.C.

Acto de notificación: resolución de concesión de axuda.

Último domicilio coñecido: río Ouro, 9, 27880 Burela (Lugo).