Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19519

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 28 de abril de 2016 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

BDNS (Identif.): 306532.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións ( http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index ):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de Formación Profesional Inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e Programas Formativos.

Segundo. Obxecto

Convocar axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT) en réxime de concorrencia non competitiva.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 28 de abril de 2016 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Cuarto. Importe

O importe total das axudas económicas efectuarase con cargo ao concepto orzamentario 10.50.422M.480.0 dentro do exercicio orzamentario do ano 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ata un importe máximo de 514.000 € (cincocentos catorce mil euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. Primeiro prazo: trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2016.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria