Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 19 de abril de 2016, da Xerencia Executiva do Salnés, pola que se notifica a facturación de servizos sanitarios prestados no caso de non se achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de novembro); no Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde. Por tanto, emitirase factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 986 56 80 53.

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula e queda supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Vilagarcía de Arousa, 19 de abril de 2016

Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo do Salnés

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Deaño Muñiz Sergio Iván

035480123R

García Carro Benito

035410394P

Sánchez Lamiño María Dolores

076870025T

Fernández Fernández Sandra

035484893X

García Pérez Adrián

035487260P

Marte Valerio Miguel

035643684D