Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015300AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 13 de abril de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015300AL-CO incoado a Las Adas, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Las Adas, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 3 de maio de 2016

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015300AL-CO.

Interesada: Las Adas, S.L. (Cafetaría A Balsa).

DNI/NIF/CIF: J70432554.

Derradeiro enderezo coñecido: Pedriña, 15151 Dumbría.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril; rectif. DO num. 204, do 4 agosto de 2007).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 90 €.