Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de abril de 2016 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.50417 en materia de verteduras de augas residuais.

Con data do 7 de marzo de 2016 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Queserías del Ulla, S.L. (t.m. Vedra) pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia