Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19347

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1059/2013).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1059/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Toja Caamaño contra a empresa Ana María Fernández Carbonell (Bar Galeón Ana I e Bar Galeón Ana II) e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou Resolución do 19 de abril de 2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Ana María Fernández Carbonell (Bar Galeón Ana I e Bar Galeón Ana II), en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza