Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 3 de maio de 2016, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación da concesión administrativa para a explotación dunhas instalacións náutico-recreativas no porto de Viveiro.

Jesús González-Aller Lacalle, con DNI 51388779-V, actuando en nome e representación de Fomento de Iniciativas Náuticas, S.L., con CIF B-15997794, presenta escrito de solicitude de modificación da concesión administrativa outorgada por resolución do presidente de Portos de Galicia do 24.9.2013 para a explotación dunhas instalacións náutico-recreativas no porto de Viveiro, coa finalidade de ampliar a superficie concesional en aproximadamente 1.295 m2, para construción de edificio náutico con destino a cafetaría-restaurante, tenda de artigos náuticos e de alimentación e lavandaría, e implantación de dúas unidades de subministración de combustibles a embarcacións de recreo e automóbiles dos usuarios do porto.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 3 de maio de 2016

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte