Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de información pública sobre a modificación das normas subsidiarias municipais.

Unha vez aprobada inicialmente a modificación das normas subsidiarias municipais da Pontenova por Acordo do Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do día 10 de marzo de 2016, conforme o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública por un prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas: S-PE 1 e S-PE 2.

A duración da suspensión é de dous (2) anos.

A Pontenova, 19 de abril de 2016

Darío Campos Conde
Alcalde