Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 39/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 39/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Moisés Camafeita Pérez contra Limpiezas El Polígono, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), se ditou a seguinte resolución:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

Antecedentes de feito:

Primeiro. Moisés Camafeita Pérez presentou solicitude de execución da sentenza nº 13/16 de data do 29 de xaneiro de 2016, ditada no procedemento ordinario 891/12, fronte a Limpiezas El Polígono, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) e, atendendo á devandita solicitude, en data 17.3.2016 este órgano xudicial ditou auto en que despacha orde xeral de execución pola cantidade de 3.875,16 euros en concepto de principal (2.917,56 en concepto de salarios e outros, máis 957,6 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 387,51 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Limpiezas El Polígono, S.L., realizada por decreto do 26.10.2015, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 226/15.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, ditouse, con data do 17.3.2016, decreto en que se dá audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións e pode ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei. Debe darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Limpiezas El Polígono, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 3.875,16 euros en concepto de principal (2.917,56 en concepto de salarios e outros, máis 957,6 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 387,51 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que se asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza