Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19299

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a contratación do servizo de recuperación de vidro con punto verde contido no material inerte recuperado na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (NC 0010/2016).

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Obtención de documentación e información:

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato: servizo.

División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

c) Criterios de adxudicación: os especificados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 3.150.000,00 euros sen IVE.

5. Garantías exixidas: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Presentación de ofertas:

– Data límite de presentación: o 29 de xuño de 2016, ás 13.00 horas.

– Lugar de presentación: Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

7. Apertura de ofertas:

– Data e hora de apertura sobre B: 11 de xullo de 2016, ás 11.00 horas.

– Lugar de apertura : Morzós,10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

8. Gastos de publicidade: o custo dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

9. Este anuncio enviouse ao DOUE o 11 de maio de 2016.

Cerceda, 11 de maio de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.