Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19295

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do procedemento aberto para a contratación da subministración de ligante C65B3 para a súa utilización polas brigadas durante o ano 2016 na zona oeste da provincia.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministracion de ligante C65B3 para a súa utilización polas brigadas da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2016 na zona oeste da provincia, cun tipo de licitación de 90.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a quen o solicite, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32, ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (de non seren simultáneos).

Ourense, 2 de maio de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense