Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19145

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 25 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos de emprendemento comercial no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN201I).

BDNS (Identif.): 306042.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de ata 20.000 habitantes.

Segundo. Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a posta en marcha e a adecuación de instalacións de uso comercial co obxectivo de habilitar espazos de emprendemento comercial, os cales contarán coa oportuna sinalización. Deberán poñer á disposición postos de venda adecuados espacialmente nos cales se desenvolverán actividades comerciais que veñan complementar o mix comercial existente na zona, sempre que sexan realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2016.

A porcertaxe subvencionable acadará o 70 % do investimento, cun máximo de 70.000 euros de subvención.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 1.409.000 euros, da aplicación orzamentaria 09.30.751A.761.3.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG. Entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no DOG e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria