Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica o emprazamento para trámite de audiencia do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o emprazamento para trámite de audiencia do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos a Francisco Alonso Fernández con DNI 16548153K, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e non sendo posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para o trámite de audiencia se computará desde esa publicación. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza