De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou porque intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.
Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 22 de abril de 2016
Alberto Fuentes Losada
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
CON-PO-0071/2016 |
Alfonso Rosales Fernández |
Resolución |
Xefe territorial |
CAZ-PO-0037/2016 |
Sociedade titular do tecor Refuxio Conla A/ATT.: Santiago Tosar González |
Incoación |
Xefe territorial |