O proceso foi convocado por Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), e modificado por Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro).
A Consellería de Facenda, mediante Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril), nomeou o tribunal cualificador e modificou a súa composición por Orde do 27 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio).
No acto de constitución, que tivo lugar en sesión do 26 de abril de 2016,
ACORDOU:
1. A realización do primeiro exercicio o 27 de maio de 2016, no pavillón nº 2 do Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra). O chamamento será único e iniciarase ás 10.30 horas.
2. Os/as aspirantes irán provistos de DNI ou documento fidedigno que ao xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis do nº 2 e goma de borrar.
3. Non se permitirá o acceso ao pavillón en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes e/ou calquera outro dispositivo de que poida facer uso o/a aspirante na realización do exercicio. Non haberá servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016
María Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal