Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 18997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS peche CT Sar a Beluso Igrexa, no concello de Bueu, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2015/109-4).

A instalación denominada LMTS peche CT Sar a Beluso Igrexa, no concello de Bueu, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. Ten a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 8 de xuño de 2016, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Bueu.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios. Poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 25 de abril de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
LMTS peche CT Sar a Beluso Igrexa

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

m2 aéreo

Concello

1

Agrario

Descoñecido

CT

20,68

3,87

Bueu