Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2016 pola que se corrixen erros ou omisións na documentación e no prego de cláusulas administrativas particulares da licitación do expediente 2016/4001, anunciada pola Resolución do 31 de marzo de 2016 (publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de abril).

Advertidos erros ou omisións na documentación e no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) a que fai referencia o texto da Resolución do 31 de marzo de 2016 de licitación do expediente 2016/4001, no punto 6, na súa alínea c) «Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP», os licitadores poden consultar a documentación corrixida no enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa/consulta_licitacions/licitacion_curso/index.html

A data límite de presentación de ofertas para o expediente 2016/4001 será, de luns a venres, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de maio de 2016

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña