Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18237

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2016 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título por Acordo de Consello de Ministros do 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 20 de abril de 2016

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….………...……......…

Optativas (OP)..………….………………………

Prácticas externas (PE)...………………………

Traballo fin de máster (TFM)………......………

Créditos totais.………...……….

48

18

12

12

90

Da oferta de créditos optativos o alumnado debe realizar e superar 6 ou 12 créditos do módulo 1, dependendo da titulación de procedencia, e realizar e superar 12 ou 6 créditos do módulo 4 e/ou módulo 5, dependendo dos créditos que tivese que realizar do módulo 1, para que finalmente o número total de créditos optativos sexa 18.

3. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia

Disciplina

Créditos ECTS

Carácter

Organización temporal

Curso

Módulo 1

Créditos optativos teóricos

1º C

Fundamentos Teóricos 1

Socioloxía dos Mercados

3

OP

1º cuadrimestre

Cultura e Actividade Económica

3

OP

Fundamentos Teóricos 2

Nocións Básicas de Mercado

3

OP

Mercados e Competencia

3

OP

Módulo 2

Créditos obrigatorios 1º C

Deseño da Investigación

Investigación: Deseño e Proceso

3

OB

Mostraxe e Probas de Decisión Estatística

3

OB

Construción e Análise de Indicadores Sociais e Índices

3

OB

Fontes de Datos e Bases de Datos

3

OB

Investigación Cuantitativa

Investigación mediante Enquisa

3

OB

Análise Estatística de Datos 1

4,5

OB

Análise Estatística de Datos 2

4,5

OB

Módulo 3

Créditos obrigatorios 2º C

Investigación Cuantitativa

Taller de Análise Cuantitativa

9

OB

2º cuadrimestre

Investigación Cualitativa

Deseño Cualitativo

4,5

OB

Análise Cualitativa

4,5

OB

Taller de Análise Cualitativa

6

OB

Módulo 4

Créditos optativos

2º C

Seminarios 1

Proxeccións de Poboación en Áreas Pequenas

3

OP

Neurociencias Aplicadas á Investigación Social

3

OP

Sistemas de Información Xeográfica (GIS)

3

OP

Técnicas de Análise Audiovisual*

3

OP

Análise e Medición de Audiencias no Contorno Dixital*

3

OP

Módulo 5

Créditos optativos

3º C

Seminarios 2

Comunicación Social e Organizacional e Análise de Audiencias

3

OP

1º cuadrimestre

Análise das Redes Sociais como Xeradoras de Valor

3

OP

Ferramentas Informáticas para a Análise 1

3

OP

Ferramentas Informáticas para a Análise 2

3

OP

Módulo 6

Créditos obrigatorios

3º C

Prácticas

Prácticas Externas

12

PE

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

12

TFM

*A disciplina Técnicas de Análise Audiovisual ofertouse no curso 2015/16. A partir do curso 2016/17 ofertarase a disciplina Análise e Medición de Audiencias no Contorno Dixital en substitución da anterior.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos de acordo co que se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados.