Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 27/2006).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 27/2016, por instancia de Estíbaliz Viñas Liñares contra o executado José Manuel Toba Meis, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 20 de abril de 2016 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total por importe de 878,40 euros de principal máis 87,84 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E, de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza