Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 12 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio); Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de novembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 982 41 77 67.

Para que conste, lles sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do BOE.

Monforte de Lemos, 12 de abril de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Traore --- Korotoumou

Y04289016J

Do Nascimento Carballada, Andrés

034274397G

Domínguez Fernández, Paula

034274154Z

Echevarría Muriel, Antonia

013092560V

Parada Touzón, Dalia

034276366H

Díaz Díaz, María de los Ángeles

034116140X

De la Fuente Rodríguez, Pedro

034261173M

Franco González, Paula

034275883H

Dos Anjos dos Santos, Elisabete

Hachad --- Tarik

X06264394E

Ageitos Fuentes, Carla

Yagüe Suárez, César Evaristo

051581652N

Dias --- Amilcar José

X01676313G

Fernández Fernández, Luisa

000479661L

Barrera Rodríguez, Mónica

044180079T

Esteves --- Aramando Antonio

003377809Y

Martínez Pereira, Pilar

034241433E

Leite de Sousa, Antonio José

X05534832C

Bascón Osuna, María Dolores

030947756Z

López Róbalo, Gerardo

Mbacke Astou Serigne

Pavel --- Ana