Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 29 de abril de 2016, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32001-108-2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se poidese practicar, emprázase a sociedade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avenida de Zamora, 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de abril de 2016

Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32001-108-2015.

Interesada: Enviabarato, S.L.

CIF/NIF: B72225600.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.