Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños (expediente 4/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

Descrición do obxecto: obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños entre nenos e nenas en campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23817

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 244, do 23 de decembro de 2015.

d) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 280.000 €; IVE (21 %): 58.800 €. Importe total: 338.800 €.

Valor estimado: 560.000 €.

Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca -FEMP-, nun 75 % (eixe/medida 5.3.1).

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 3 de marzo de 2016

b) Adxudicataria: UTE Ludociencia 2002, S.L. e Servicios de Ocio Educativo, S.L., NIF U70481650.

c) Importe: 226.657,20 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 31 de marzo de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar