Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais (expediente 6/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

Descrición do obxecto: fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23819

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 247, do 29 de decembro de 2015.

d) División por lotes e número: si, 2 lotes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 420.000 €; IVE (21%): 88.200 €. Importe total: 508.200 €.

Valor estimado: 840.000 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 5.3.1) nun 75 %.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote nº 1: obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais.

a) Data da resolución de adxudicación: 18 de marzo de 2016.

b) Adxudicataria: Marexada, Deporte, Lecer e Cultura, S.L., NIF nº B27739556.

c) Importe neto: 103.000 €; IVE (21 %) 21.630 €. Importe total: 124.630 €.

d) Data de formalización do contrato: 13 de abril de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Lote nº 2: excursións para o fomento do consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura entre a poboación infantil.

a) Data da resolución de adxudicación: 18 de marzo de 2016.

b) Adxudicataria: Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galicia, NIF nº F36527109.

c) Importe neto: 168.000 €; IVE (21 %) 35.280 €. Importe total: 203.280 €.

d) Data de formalización do contrato: 14 de abril de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar