Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente ANI-PO-0001/2016 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos/ás interesados/as que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do procedemento ANI-PO-0001/2016 e cinco máis.

Os/as interesados/as poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANI-PO-0001/2016.

Interesado: Carlos Fernando Fraiz Domínguez.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Os Nardos, 12, 1º F, 36860 Ponteareas (Pontevedra).

Expediente: ANP-OU-0022/2015-V.

Interesado: Daniel Moreno Navarro.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Santa Ana, 17 PBx, porta A, 09400 Aranda de Duero (Burgos).

Expediente: ANI-PO-0050/2015.

Interesado: Casimiro Fidalgo Bugarin.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Pai Crespo, 46, 2º D, 36800 Redondela (Pontevedra).

Expediente: ANP-CO-0053/2015-V.

Interesada: Erea Díaz Barrientos.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Miguel de Cervantes, 5, esc. 2, baixo B, Outeiro, 15142 Arteixo (A Coruña).

Expediente: ANI-CO-0025/2015-V.

Interesado: Santiago Gil Zar.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Brión, 48, 15590 Ferrol (A Coruña).

Expediente: ANP-CO-0025/2015-V.

Interesada: Esther Moreno Pérez.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Camp. de Morvedre, 1, Urb. La Sima, 46160 Liria (Valencia).