A aprobación da relación de postos de traballo do persoal funcionario dos centros educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xustifícase polas necesidades de ordenación dos seus postos de traballo en atención ás necesidades de dotación actuais.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 4 de maio de 2016, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do persoal funcionario dos centros educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de maio de 2016, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do persoal funcionario dos centros educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016
O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública