A Alcaldía, con data 15 de abril de 2016, ditou a seguinte:
«Resolución da Alcaldía
Asunto: oferta de emprego público 2016.
Aprobada, conxuntamente co orzamento municipal para o exercicio económico 2016, polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria do 29 de decembro de 2015, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo, coa reposición do posto de traballo de operario encargado de obras e servizos municipais ao quedar vacante por xubilación, esta alcaldía, dando cumprimento ao artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, en concordancia co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e en uso das facultades que lle atribúe o artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,
RESOLVE:
1º. Aprobar e anunciar a oferta de emprego público para o exercicio 2016, do Concello de Meaño, provincia de Pontevedra, código territorial 027, que consta de:
Persoal laboral fixo.
Denominación: operario encargado de obras e servizos municipais.
Número de vacantes: 1. Nivel de titulación: certificado de escolaridade-estudos primarios. Categoría oficial primeira. Quenda de acceso libre.
2º. Que se faga pública esta oferta, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto do empregado público.
Manda e asina a alcaldesa Mª Lourdes Ucha Varela, en Meaño o 15 de abril de 2016, perante min, a secretaria-interventora Mª Teresa Escudero Barral, que dou fe».
O que se fai público para xeral coñecemento.
Meaño, 15 de abril de 2016
Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa