Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a baixa da Asociación Gremio de Hoteles de Galicia (GHG) nesta oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, por disolución da asociación.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se procedeu á baixa da Asociación Gremio de Hoteles de Galicia (GHG), aprobada na asemblea xeral extraordinaria realizada o 5 de novembro de 2015 na Coruña, por disolución da asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: empresas de hospedaxe radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Asinan a acta: Francisco Canabal López, Sara Santos Ferreiro, Fernando Ramos Giménez e David Santos Martínez.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego