Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de abril de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles dá audiencia aos interesados nos procedementos de baixa da clasificación turística e da cancelación da inscrición de establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Os titulares dispoñen dun prazo de 15 días para faceren as alegacións que consideren pertinentes e poderán examinar os expedientes e obter copia dos documentos contidos neles na Área Provincial de Turismo da Coruña.

A Coruña, 26 de abril de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Axencia de Viaxes-en liña www.empápatedegalicia.com.

Titular: Antonio Ramón Ramos Álvarez.

NIF: 03137134A.

Enderezo: rúa Entrepenas, 8-1º D.

Concello: 15010 A Coruña.

Establecemento: Axencia de Viaxes Viajes Wanderer.

Titular: Viajes Wanderer, S.A.

NIF: A15118318.

Enderezo: rúa Concepción Arenal, 17 baixo.

Concello: 15006 A Coruña.