Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de tracto sucesivo e por prezos unitarios para a prestación dos servizos postais e telegráficos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, outras entidades do sector público de Galicia e outros órganos e administracións adheridos a esta contratación centralizada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 58 e 981 54 45 48 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 45 48.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es , manuel.perez.gonzalez@xunta.es

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26321

Data límite da obtención de documentación e información: 1 de xuño de 2016, ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: 2016-SESE 03-PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizos postais e telegráficos nos organismos administrativos indicados na cláusula I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: os servizos axustaranse ao establecido nos pregos.

e) Prazo de execución: axustarase ao indicado na epígrafe K da folla de especificacións.

f) Admisión de prórroga: si; por un prazo máximo de vinte e catro meses.

g) CPV: 64112000-4 e 64113000-1 Servizos postais relacionados con cartas e con paquetes.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 38.574.073,98 € (IVE excluído), incluídas as posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 14.836.182,30 €.

Importe total: 17.951.780,58 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Observarase o disposto na epígrafe E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 1 de xuño de 2016, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: sala de xuntas D do Complexo Administrativo San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, soto.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas o día 13 de xuño de 2016.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de abril de 2016.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza