Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17781

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ACORDO do 26 de abril de 2016, do Consello de Administración, polo que se nomea o coordinador da Unidade Territorial Sur.

Mediante Acordo do 6 de outubro de 2015, publicado no Diario Oficial de Galicia número 209, do martes, 3 de novembro de 2015, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de coordinador/a da Unidade Territorial Sur.

De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o nomeamento corresponde ao Consello de Administración e que a resolución do proceso selectivo se publicará no Diario Oficial de Galicia. En virtude do anterior, o Consello de Administración que tivo lugar o 25 de abril de 2016,

ACORDOU:

Con base na proposta do tribunal de selección, nomear coordinador da Unidade Territorial Sur a Argimiro Marnotes Fernández.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016

Heriberto García Porto
Presidente do Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.