Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 21 de abril de 2016 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 144, 192, 193 e 194 do polígono 66 do termo municipal de Pol (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante Resolución do 21 de abril de 2016, o cambio de actividade forestal a agrícola nas parcelas 144, 192, 193 e 194 do polígono 66 do termo municipal de Pol (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 9.3.2016. Anuncio publicado no DOG núm. 61, do 31 de marzo de 2016.

Lugo, 22 de abril de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo