Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 21 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a diversos interesados a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona das Maus (Vilar de Barrio-Ourense).

Advertido un erro na denominación da zona de concentración parcelaria publicada no devandito anuncio do Diario Oficial de Galicia núm. 86, do venres 6 de maio de 2016, cómpre efectuar a oportuna corrección:

No sumario inicial e no da páxina 16995, onde di: «...do acordo de concentración parcelaria da zona das Maus (Vilar de Barrio-Ourense)», debe dicir: «...do acordo de concentración parcelaria da zona de San Pedro de Maus (Vilar de Barrio-Ourense)».

No contido do anuncio da páxina 16995, onde di: «...acordou o día 11 de xaneiro de 2016 a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de As Maus (Vilar de Barrio-Ourense)», debe dicir: «...acordou o día 11 de xaneiro de 2016 a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Maus (Vilar de Barrio-Ourense)».