Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 24/2016, de solicitude de baixa no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola subdirectora xeral de Coordinación Ambiental.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta secretaría xeral, sita no Edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, 15781 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

Justo de Benito Basanta
Xecretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: solicitude de baixa nº 24/2016.

Interesada: Asociación Medioambiental Comarca de Lugo.

Acto notificado: proposta de resolución.