Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia da Trapa, concello da Fonsagrada, promovido por Manuel Fernández González (clave 2015/0111).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 7 de abril de 2016 do cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia da Trapa, concello da Fonsagrada, promovido por Manuel Fernández González (clave 2015/0111).

Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental